top of page

O Magosto

A reciclaxe no magosto:

Aproveitando a festa do magosto comezamos a nosa andadura polo fermoso mundo da reciclaxe.

Nesta primeira actividade pediúselle aos nenos/as do cole que fabricasen un recipiente no que  depositarían as súas castañas para, deste xeito, ter as mans libres e comelas con máis facilidade. 

A idea fundamental foi que utilizasen calquera recipiente de calquera material coa condición de que fose algo reciclado.



Outro dos obxectivos foi que as familias participasen desta tarefa axudando aos nenos/as a fabricar o recipiente en cuestión. 



Como podedes comprobar nas fotos o éxito foi absoluto e os modelos que chegaron ao cole foron do máis orixinal.

​
 

O magosto

Para construir unha cesta é necesario un brick vacío de elite, zume ou calquera outro producto. Que non se esquezan de traelo ben limpo porque senón pode ulir mal.



Logo cortámolo pola metade tendo coidado de deixar un asa. O último paso será decoralo ao noso gusto.



Como vedes podemos utilizar tamén botellas de plástico, caixas de cartón,....

bottom of page